Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.703

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (307/1994).

Eu, Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e do seu partido xudicial, fago saber que, neste xulgado do meu cargo, se seguen autos de xuízo declarativo ordinario de menor contía co número 307/1994 por instancia de Manuela Consuelo López Ferreiro representada polo procurador García-Piccoli Atanes contra outros e herdeiros de Gil Matovelle Cinza, Donato Mera Villar e Emilia Duro Cordeiro, dos que se descoñecen os domicilios, sobre reclamación de responsabilidade decenal, dictouse providencia no día da data e acórdase o emprazamento dos demandados antes indicados para que, no prazo de dez días comparezan en autos representados por procurador e asistidos de letrado, baixo apercibimento de que se non o verifican serán declarados en rebeldía, e dáse por precluído o trámite de contestación á demanda e siga o xuízo o seu curso.

Para que sirva de emprazamento en forma ós referidos demandados e para publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado no Diario Oficial de Galicia, emito o presente edicto que se dá en Santiago de Compostela, trinta de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

7807