Advertidas deficiencias na redacción de determinadas preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición do concurso oposición para o ingreso na categoría de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde do grupo auxiliar da función administrativa, este tribunal acorda facer pública a anulación das preguntas nº 21, 84 e 105, que serán debidamente substituídas polas respectivas preguntas de reserva nº 121, 122 e 123, de conformidade co apartado 13, da base sexta da Resolución do 18 de maio de 1995.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1995
Antonio Carbajo Romero
Presidente do tribunal
8072