Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 27 de decembro de 1995 Páx. 9.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización da U.E. IV-11 Ramón Nieto, 5.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 26 de outubro de 1995, o proxecto de urbanización da U.E. IV-11 Ramón Nieto, 5 (3939/401), redactado polo arquitecto Manuel Bouzas Cavada e co visado do COAG do 21 de xullo de 1995, sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e mais no taboleiro de anuncios do concello, con notificacións individuais.

De non presentarse alegacións durante a exposición pública, o proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 14 de decembro de 1995.

José A. Gil Sotres

Alcalde Acctal.

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273