Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 27 de decembro de 1995 Páx. 9.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1995 polo que se lles dá publicidade ós avais concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

O artigo 21 da Lei 6/1994, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995, autoriza conceder avais ó Igape por un importe máximo de 13.000 millóns de pesetas.

O artigo 13.2º do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Insituto Galego de Promoción Económica, establece que se lles dará publicidade ós avais concedidos polo Igape no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Artigo único.-Dar publicidade ós avais concedidos polo consello de Dirección do Igape nas súas reunións do 11 de outubro e 2 de decembro de 1995:

-Aval por importe máximo de 102 millóns de pesetas á empresa Cooperativas Orensanas; S. Coop. Ltda (Coren).

-Aval por importe máximo de 450 millóns de pesetas á empresa Inditex, S.A..

-Aval ata un importe máximo de 2.500 millóns de pesetas a Grupo de Empresas Álvarez, S.A.

A formalización do dito aval queda condicionada á súa aprobación pola Comisión da Unión Europea.

Aval/Avais por importe máximo de 397.800.000 pesetas á empresa Finaniera Maderera, S.A. (Finsa)

Aval/avais por importe máximo de 289.000 pesetas á empresa Polipropileno de Galicia, S.A. (Poligal, S.A.).

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

95-8388