Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 27 de decembro de 1995 Páx. 9.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, das obras que se citan (RC-PO-95.9 e dúas máis).

1. Obras.

Clave: RC-PO-95.9

Título da obra: mellora da seguridade vial na rede autonómica. Concello de Lalín.

Orzamento: trinta e oito millóns cento vintetrés mil novecentas vinte (38.123.920) pesetas.

Prazo de execución: catro meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Clave: RC-PO-95.10.

Título da obra: acondicionamento e dotación de servicios na estrada Dozón-Rodeiro, entre a N-525 e a C-533, pavimentación de camiños públicos e obra complementarias en Dozón.

Orzamento: trinta e un millóns cento nove mil setecentas oitenta e nove (31.109.789) pesetas.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificacióin: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Clave: RC-PO-95.18.

Título da obra: baranda na ponte sobre o río Miñor, na estrada C-550 Vigo-Baiona. Concellos de Nigrán e Baiona.

Orzamento: once millóns seiscentas unha mil trescentas trinta e nove (11.601.339) pesetas.

Prazo de execución: tres meses.

Clasificación: non se esixe.

(Declaradas urxentes segundo o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

2. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particualres así como os correspondentes proxectos das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores, estarán á disposición destes na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, rúa Alcalde Hevia, s/n.

3. Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional do 2% salvo nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva do 4% do importe do contrato.

4. Contido das proposicións.

Segundo o indicado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

As proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

6. Apertura de proposicións.

A apertura de proposicións, que será pública, será realizada pola mesa de contratación, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, ás dez horas do sexto día hábil, que non sexa sábado, seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 18 de decembro de 1995.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

95-7845