Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 27 de decembro de 1995 Páx. 9.677

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (174/1995).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Fai saber que neste xulgado se segue xuízo de cognición nº 174/1995, a pedimento de Banco Español de Crédito, S.A., representado pola procuradora Sánchez Silva contra José Hortas Román, sobre reclamación de cantidade nos que, no día da data, se dictou auto, cunha parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Incóese demanda de xuízo de cognición que se substanciará conforme o establecido no Decreto do 21 de novembro de 1952. Rexístrese; tense por parte á procuradora Sánchez Silva, en nome e representación de Banco Español de Crédito S.A., en virtude da copia auténtica de poder xudicial que presenta e que testemuñado, queda unido a autos e coa que se entenderán as sucesivas dilixencias.

Que debía decretar e decretaba o embargo preventivo sobre os bens do demandado José Hortas Román, en contía suficiente para cubri-la cantidade de 123.223 ptas. de principal e 80.000 ptas. máis que se presupostan para xuros e custas, sen esixirlle fianza ó solicitante e pola conta e risco deste.

Ó esta-lo debedor en paradoiro descoñecido, declárase embargado:

Parte legal de haberes que percibe como xubilado do Banco Pastor e da Seguridade Social.

Emprácese o dito demandado para que no prazo de nove días compareza en autos e conteste a demanda baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso.

Practíquese a dita notificación e emprazamento a través do DOG.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de reposición no prazo de tres días».

E para que lle sirva de notificación e emprazamento en legal forma ó demandado José Hortas Román, actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o dez de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-7939