Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 27 de decembro de 1995 Páx. 9.676

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (142/1988).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo executivo nº 142/1988, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia: na cidade de Santiago de Compostela, o vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co número 142/1988, promovidos polo Banco de Galicia, S.A., domiciliado en Vigo, r/ Reconquista, nº 9, representado pola procuradora Sánchez Silva, dirixido polo letrado Gesto Alonso, contra Julio Peña García, con domicilio na r/ República Arxen

tina, nº 42 baixo, de Santiago de Compostela, declarado en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada ata facer remate dos bens embargados a Julio Peña García, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 480.000 ptas., importe de principal, e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia, por non ser firme, poderá interporse neste xulgado e ante a Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo improrrogable de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión en autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe, e para que conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o nove de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-7930