Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 27 de decembro de 1995 Páx. 9.675

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE FERROL

EDICTO (243/1995).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ferrol fai saber que no expediente nº 243/1995 se tivo por solicitada mediante providencia desta data a suspensión de pagamentos de entidade mercantil Foque, S.L., con domicilio nesta cidade, Ferrol, e dedicada a pintado, repintado, picado, rascado e limpeza de buques, tanques, estructuras de obras de arquitectura e enxeñería, así como a obras auxiliares da construcción naval, de enxeñería e de arquitectura, e designouse para o cargo de interventores xudiciais a Aniel Mejuto Trasmonte, Rafael Rodríguez Alves e a demandante, Banco Pastor, cun activo de 265.642.570 pesetas, e un pasivo de 260.294.629 pesetas.

E para que sirva de publicidade para os fins previdos na Lei de suspensión de pagamentos, e especialmente no seu artigo 9, expido o presente edicto en Ferrol o cinco de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-7940