Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 27 de decembro de 1995 Páx. 9.674

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Astilleros y Talleres del Noroeste, S.A. (Astano), e se inclúe a citada planta no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994. (Expediente número 95/534).

Astilleros y Talleres del Noroeste, S.A.(Astano), con domicilio para efectos de notificacións no apartado de correos nº 994, 15480 Ferrol (A Coruña), con data do 23 de maio de 1995 solicitou autorización administrativa para a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica, para os efectos do recoñecemento da súa condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, e da súa inclusión no grupo d) do Art. 2 do dito real decreto, achegando para tales efectos o preceptivo anteproxecto da instalación, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e do aforro de enerxía que se conseguirá

coa posta en servicio das instalacións proxectadas, e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 5.4º do citado real decreto.

A devandita planta de coxeración, propiedade da empresa solicitante, situarase nos terreos da factoría de construcción naval que se encontra situada en Perlío-Fene (A Coruña).

Resultando que, de conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou resolución de data 23 de xuño de 1995 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación da referida planta de coxeración, que foi publicada no DOG do 20-7-95 e no BOP da Coruña do 14-8-95, non presentádose no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Resultando que a planta de coxeración para a que se solicita autorización administrativa ten as seguintes características técnicas básicas:

-Dous grupos motoxeradores de 4.750 kVA de potencia c/u, que utilizarán como combustible gasóleo nº 1 co obxectivo de producción e aproveitamento simultáneo de calor e electricidade. Un centro de transformación de 10 mVA e r/t 6/15 kV, e un CT de 400 kVA e r/t 15/0,380 kV para os servicios auxiliares da planta. Aparellaxe eléctrica de protección, mando, sinalización e medida.

Resultando que sobre a solicitude obxecto deste expediente emitiu informe favorable a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Considerando que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Considerando que se cumpriu a tramitación regulamentaria, e que a planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o combustible en cuestión se establecen no anexo do citado R.D. 2366/1994.

Esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

1) Autorizarlle a instalación dunha planta de coxeración á empresa Astilleros y Talleres del

Noroeste, S.A. (Astano), que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Perlío-Fene (A Coruña).

2) Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994, e incluíla no grupo d) do Art. 2 do dito real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación á devandita instalación do réxime especial, a citada empresa deberá inscribir aquela no rexistro de instalacións de producción de enerxía eléctrica en réxime especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-95), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no Art. 11 do R.d. 2366/1994, presentando a documentación que figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

O promotor presentará perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así coma o punto de interconexión.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

95-8235