Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1995 pola que se anuncia a convocatoria de adxudicación, polo procedemento aberto, mediante a forma de poxa, con tramitación ordinaria, da obra incluída no plan de instlacións deportivas municipais de 1995.

1.-Obxecto do contrato.

O presente contrato ten por obxecto a execución da obra titulada cerramento e acondicionamento do campo municipal de fútbol no seu lindeiro coa estrada que da avenida de Caión conduce á Lugar de Figueroa.

2.-Tipo de licitación.

A licitación realizarase á baixa a partir do tipo de licitación (7.921.686 pesetas). Nas ofertas entenderase incluído o IVE.

3.-Prezos unitarios.

Os que figuran no orzamento do proxecto técnico.

4.-Prazo de execución.

O prazo de execución da obra é de tres (3) meses.

5.-Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, durante o prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no DOG e BOP, de 9.30 a 13.30 horas, en dous sobres pechados que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador e coa documentación esixida no prego de condicións, cláusula 12.2.

6.-Apertura de plicas.

A apertura de plicas celebrarase no salón de sesións da casa do concello, ás doce horas do cuarto día hábil seguinte (excepto sábados) contado desde o día en que remate o prazo de presentación de plicas, en acto público.

7.-Fianzas.

Establécense as seguintes fianzas:

a) Provisional: consistente no 2 por 100 do orzamento de licitación (158.434 ptas). Xuntarase por separado e fóra dos sobres de licitación.

b) Definitiva: consistente no 4 por 100 do orzamento de licitación e que constituirá quen resulte adxudicatario da obra (316.867 ptas).

8.-Modelo de proposición.

O modelo de proposición será o seguinte:

Don/Dona ...... con domicilio en ...... rúa ...... nº ...., teléfono ......, con DNI (ou pasaporte, ou docuemnto que o substitúa) nº ...., que actúa en nome propio (ou en representación de ......, DNI ou CIF nº ......, e con domicilio en ......, nº ...., teléfono ......) toma parte na poxa con procedemento aberto, con tramitación ordinaria para a adxudi

cación da execución das obras comprendidas no proxecto de .... e para estos efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de ...... ptas.; que significa una baixa de ...... ptas., en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En ...., ...... de ...... de 199...

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Sobre A: «Oferta económica».

Proposición para tomar parte na poxa das obras de ...... presentada por ......

(Lugar, data e asinatura do/a licitador/a)

Sobre B: «Documentación».

Proposición para tomar parte na poxa das obras de ...... presentada por ......

(Lugar, data e asinatura do/a licitador/a)

9.-O importe de presente anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Arteixo, 22 de novembro de 1995.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273