Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 26 de decembro de 1995 Páx. 9.649

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de decembro de 1995 pola que se nomea persoal interino do grupo C (operador de ordenador) da Consellería de Economía e Facenda.

Por orde desta consellería do 15 de marzo de 1995 (DOG nº 68, do 6 de abril), convocáronse probas selectivas para cubrir, por persoal interino do grupo C, unha praza de operador de ordenador, vacante nos servicios dependentes da Consellería de Economía e Facenda.

Producida unha vacante no período comprendido entre a data de publicación da convocatoria e a resolución das probas, de conformidade co establecido na base primeira da orde da convocatoria este posto increméntase ó inicialmente convocado.

Logo de realizadas as probas selectivas ás que se refería a base cuarta da orde de convocatoria e vista a proposta elevada pola Consellería de Economía e Facenda, no uso das facultades que me

confire o artigo 13º 2.9 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear persoal interino do grupo C (operador de ordenador) da Xunta de Galicia os aspirantes propostos pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda que a continuación se especifican:

Apelidos e nomeDNI

Castro Martínez, José M.35.314.469

Fernadez-Rial López, Rafael33.265.007

Segundo.-De conformidade co previsto na base novena da orde de convocatoria das probas, no prazo máximo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia as persoas nomeadas deberán acreditar que reúnen os requisitos esixidos na base segunda da orde pola que se convocan as probas selectivas. Para este efecto, deberán presentar na Dirección Xeral da Función Pública os documentos que se relacionan na base novena da orde de convocatoria.

A Dirección Xeral da Función Pública, logo de comprobar que reúnen os requisitos esixidos, procederá a expedírlle-la correspondente credencial de persoal interino do grupo C da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Cumpridos os trámites previstos no apartado terceiro as persoas nomeadas tomarán posesión no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó de finalización do prazo sinalado no referido apartado segundo, presentándose na Consellería de Economía e Facenda co fin de que se lles asigne o correspondente posto de traballo.

Cuarto.-O servicio de persoal da unidade administrativa á que sexan destinados os nomeados deberá remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública unha copia da dilixencia de toma de posesión inserida na credencial.

Os nomeados que nos prazos sinalados non presenten a documentación ou non se incorporen ó respectivo posto de traballo, decaerán nos seus dereitos, agás en casos de forza maior.

Sexto.-Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9508421