Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 26 de outubro de 1995, o proxecto de urbanización do Casal (3926/401), redactado polo arquitecto Jaime Riera Nieves e o enxeñeiro técnico industrial Gonzalo Pérez Zunzunegui, con visados do COAG do 6 de xuño e 23 de agosto de 1995, e do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais do 7 de xuño de 1995; sométese a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, nun dos xornais de maior circulación da provincia e ademais no taboleiro de anuncios do concello, con notificacións individuais.
De non presentarse alegacións durante a exposición pública, o proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente.
O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.
O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.
Vigo, 5 de decembro de 1995.
José A. Gil Sotres
Alcalde Acctal.