En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e mailos estatutos da asociación Instituto Galego de Arqueoloxía Profesional -IGAP- que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos empresarios domiciliados na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan como actividade principal a intervención e xestión no patrimonio histórico e arqueolóxico, así como fomenta-la solidariedade e colaboración entre elas.
Asinan a acta de constitución: Ángel Acuña Piñeiro e cinco persoas máis.
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1995.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais
8102