Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.620

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 12 de decembro de 1995 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Muller e Xuventude, anunciada por orde desta consellería do 10 de outubro de 1995 (DOG número 203, do 23 de outubro), corrección de erros no DOG número 222, do 20 de novembro.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Muller e Xuventude, mediante Orde do 10 de outubro de 1995 (DOG nº 203, do 23 de outubro), corrección de erros no DOG nº 222, do 20 de novembro, de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se expresa no anexo desta orde, seleccionado conforme ó establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 10 de outubro de 1995 e a súa corrección de erros.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza, producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino, o funcionario está disfrutando un período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, despois de comunicalo a esta consellería segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO

N.R.P.: 3494045068 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Ortiz Álvarez, Ana María.

Código do posto: FA.CO3.00.001.15770.001.

Posto de traballo: Subdirección Xeral de Acción Familiar.

Nivel: 30.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: Dirección Xeral da Familia.

9508387