Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.617

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de novembro de 1995 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Turismo.

De conformidade co establecido no Decreto 261/1994, de 29 de xullo, (DOG nº 158 do 17 de agosto de 1994), polo que se modifica a estructura orgánica dos servicios centrais da Secretaría Xeral para o Turismo e segundo o disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anunci-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e que se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Presidencia e Administración Pública ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de instancias será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo da solicitude publícase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán engadir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante

certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-O nomeamento dos funcionarios con destino definitivo noutra Administración pública ou que presten os seus servicios na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resultasen seleccionados para ocupa-los postos de traballo anunciados estarán condicionados a que a súa administración emita informe favorable sobre eles, conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto de traballo que se relaciona no anexo I, se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior estivese na mesma localidade, ou dun mes, se estivera en localidade distinta ou levase consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse desde o día seguinte ó do seu cesamento que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG ou desde a data en que se lle comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso dos funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra a presente orde que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Código: 05.00.001.15770.120.

Denominación do posto de traballo: xefe Servicio de Formación, Cooperación Institucional e Documentación.

Centro directivo: Secretaría Xeral para o Turismo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Específico: 1.583.676.

95-08255