Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 20 de decembro de 1995 Páx. 9.554

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

EDICTO do 27 de outubro de 1995 da Consellería de Fomento.

Resultando infructuosas as xestións realizadas para notificar a Mundicien, S.L., no domicilio que

consta no expediente, polígono de Actios, s/n, 36400, O Porriño (Pontevedra), procédese, de conformidade co disposto no parágrafo 4 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á notificación da liquidación de taxas, do expediente número 49012/1994, mediante a inserción deste anuncio no DOG e exposición del no taboleiro de anuncios do concello do seu último domicilio, liquidación de taxas por infracción en materia de protección ó consumidor, o importe íntegro das cales se atopa de manifesto e á súa disposición neste Servicio Territorial de Fomento, Sección de Consumo, Avda. Requejo nº 24, portal 5, baixo, de Zamora. Queda advertido de que, de non comparecer ou recorrer no prazo de 8 días, contados a partir do seguinte a esta notificación, seguirase a tramitación que proceda.

Para que sirva de notificación ó interesado, díctase o presente edicto en Zamora, vintesete de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Juan Seisdedos Robles

Delegado territorial de Zamora