Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 20 de decembro de 1995 Páx. 9.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos de obras de reforma interior para adaptación á normativa contra incendios NBE-CPI-91 nas residencias da terceira idade de Marín, O Meixoeiro e Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 94.2º da Lei de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial resolve publica-las adxudicacións dos contratos de obras nos centros que a continuación se relacionan, anunciados a concurso público no DOG nº 180, do 19 de setembro de 1995.

-Residencia terceira idade de Marín: adxudícase á empresa Gallega de Electricidad, S.L., polo importe de 4.138.687 ptas. (catro millóns cento trinta e oito mil seiscentas oitenta e sete pesetas).

-Residencia terceira idade do Meixoeiro: adxudícase á empresa Gallega de Electricidad, S.L., polo importe de 11.579.049 ptas. (once millóns cincocentas setenta e nove mil corenta e nove pesetas).

-Residencia terceira idade de Pontevedra: adxudícase á empresa Gallega de Electricidad, S.L., polo importe de 5.122.994 ptas. (cinco millóns cento vintedúas mil novecentas noventa e catro pesetas).

Vigo, 30 de outubro de 1995.

P.D. (D. 87/1990 15-2)

Miguel A. Vázquez Ares

Delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

9508065