Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.498

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995 pola que se someten a información pública os pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares e se anuncia o procedemento aberto para a adxudicación, mediante concurso, da construcción e explotación dunha rede de comunicación por cable no termo municipal de Pontevedra.

Obxecto: o obxecto do concurso público é a concesión da necesaria ocupación e uso dos bens de dominio público municipal que sexan necesarios para a construcción dunha rede de cable no ámbito que se sinala e a súa explotación mediante a provisión por medio dela dos servicios que se detallan no prego de condicións técnicas.

Ámbito: o ámbito do concurso será o termo municipal de Pontevedra.

Canon: o concesionario aboará ó concello un canon anual mínimo do 2% dos ingresos brutos xerados pola explotación directa ou indirecta dos servicios que se presten a través da rede de cable obxecto da concesión. O concesionario porá a disposición do concello como parte das compensacións

pola concesión de uso do dominio público, cando menos, unha canle de televisión e unha de radio, sen custo ningún para o concello.

Tarifas: as empresas concursantes presentarán un cadro de tarifas máximas e calquera outra mellora que consideren conveniente.

Garantía provisional: será requisito necesario para participar no concurso acredita-la previa constitución na tesourería do concello, dunha garantía provisoinal na contía de 10.000.000 (dez millóns) de ptas., en calquera das formas admitidas no artigo 36.1º da Lei 13/1995.

Documentación: a esixida na base sexta do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as ofertas deberanse presentar por triplicado nun sobre cerrado e lacrado que conterá os tres sobres nomeados na base 6ª ó que acompañará unha carta de presentación que identifique con claridade a empresa ou agrupación concursante, no rexistro xeral deste concello, durante un prazo de cinco meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: o acto de apertura de proposicións económicas será público e terá lugar ás 12 horas do día seguinte hábil ó da terminación do prazo de presentación de ofertas; se coincidise cun sábado a apertura tería lugar o seguinte día hábil.

Modelo de proposición: axustarase ó modelo oficial que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Información pública: os pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares para a construcción e explotación dunha rede por cable no termo municipal de Pontevedra, aprobados polo Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de outubro de 1995, sométense a información pública, simultaneamente coa convocatoria da licitación, polo período de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que se poderán examinar na Unidade de Contratación e Patrimonio da Secretaría Xeral; no suposto de que se presentasen reclamacións contra os pregos aprobados, a licitación (acto de apertura de proposicións), posporase ata que aquelas se resolvan polo Pleno da Corporación, que o fará no prazo sinalado no artigo 90 da Lei 13/1995.

Pontevedra, 3 de novembro de 1995.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral