Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia acordo da Comisión Provincial da Vivenda do 7 de febreiro de 1995, pola que se adxudican vivendas de protección oficial de promoción pública.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Angelita Brea Iglesias, con domicilio na rúa Ronda de don Bosco, 19, soto, de Vigo (Pontevedra), que por reuni-los requisitos establecidos no artigo 49 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro e no Decreto 98/1992 sobre adxudicación de vivendas, a Comisión Provincial de Vivenda por acordo do 7 de febreiro de 1995, procedeu a adxudicarlle, en réxime de propiedade, a vivenda sita na escaleira 1, baixo D, con rocho e garaxe vinculados, promovidas na localidade de Vigo (Pontevedra) ó abeiro do expediente PO-85/040, polo prezo de 2.764.890 ptas.

No prazo máximo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, deberán facer efectivo na conta 311000004/6 Axencia Urbana 1 de Caixa Galicia en Pontevedra o ingreso de 110.596 ptas, en concepto de IVE e 95.000 ptas., importe de provisión de fondos, ingreso que, unha vez efectuado, se acreditará ante a Xefatura Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita na rúa Alcalde Hevia, nº 7, en Pontevedra.

Así mesmo, queda apercibido de que a falta da xustificación documental do ingreso das cantidades sinaladas no prazo indicado deixará sen efecto a adxudicación da vivenda.

Pontevedra, 17 de novembro de 1995.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra

7992