Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 19 de decembro de 1995 Páx. 9.493

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 357/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información

pública a petición de instalación de L.M.T.s. e 2 C.C.T.T. na rúa Fernández ladreda, edificios As Covas e 15 de maio, concello de Ponteareas, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Sestelo y Cia, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 6 da L.M.T. Ponteareas-Cristiñade ata os dous centros de transformación que se proxectan na rúa Fernández de la Mora nos nos edificios As Covas e 15 de maio, concello de Ponteareas.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., subterránea a 15/20 kV, de 280 m de lonxitude, con conductor de aluminio en tubería de P.V.C.

Dous centros de transformación de 160 kVA cada un, relación de transformación 15/20 kV-220/380 V.

Orzamento: 5.191.290 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 20 de outubro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8055