Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 15 de decembro de 1995 Páx. 9.397

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 235/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Sestelo y Cía, S.A., con domicilio en Ponteareas no que solicita autorización para instalar un centro de distribución cun centro de transformación de 50 kVA en Queidores-Bugarín, concello de Ponteareas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9º do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Sestelo y Cía, S.A. a instalación dun centro de distribución cun centro de transformación de 50 kVA en Queidores-Bugarín, concello de Ponteareas.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 16 de outubro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8050