Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 15 de novembro de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial do estudio de detalle para a ordenación de volumes entre as parcelas 4.A.1 e 2.F.1 do polígono Acea de Olga.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 6 de novembro de 1995, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes entre as parcelas 4.A.1 e 2.F.1 do polígono Acea de Olga, a solicitude de Eladio Santos Díaz.

Conforme o prevido nas disposicións vixentes sométese a información pública polo prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presenta-las reclamacións ou suxerencias que se desexen.

Lugo, 15 de novembro de 1995.

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario

8133