Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 14 de decembro de 1995 Páx. 9.365

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se autoriza a implantación de módulos profesionais e ciclos formativos en distintos centros públicos.

Estudiadas as propostas promovidas ó abeiro da Orde do 17 de marzo de 1995 (DOG do 10/4), pola que se dictan normas referentes á renovación da oferta de ensinanzas experimentais durante o curso 1995/96, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. Con estas autorizacións estase a incrementa-la oferta de postos escolares en lugares onde existía demanda deles.

É polo que esta dirección xeral,

RESOLVE.

Autoriza-la implantación de módulos profesionais e ciclos formativos, cofinanciados co Fondo Social Europeo, nos distintos centros públicos que a continuación se relacionan. Non obstante o desenvolvemento destas ensinanzas queda supeditado á existencia dun mínimo de 20 alumnos/as preinscritos en cada grupo:

a) A Coruña.

* IFP Someso de A Coruña: CM mecanizado.

* IESP Curtis-Estación de Ferrol: CM equipos e instalacións electrotécnicas.

b) Lugo.

* IFP As Mercedes de Lugo: M2 instalación e mantemento de equipos de frío e calor.

c) Pontevedra.

* IFP A Xunqueira de Pontevedra: CM equipos electrónicos de consumo.

* IFP Nº 6-Meixoeiro de Vigo: CM electromecánica do vehículo.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1995.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

7894