Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.324

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente, para contrata-la realización das obras de traslado de laboratorios ó edificio politécnico de alimentación (expediente número 412/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente, para a adxudicación da obra que a continuación se indica.

Obxecto: obras de traslado de laboratorios ó edificio politécnico de alimentación (exp. nº 412/1995).

Orzamento de licitación: 12.166.901 ptas IVE incluído.

Garantías: provisional 2% do importe de licitación.

Definitiva 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: como máximo vinte días de acordo coas condicións indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación empresarial: non se esixe.

Prego de condicións: os interesados podrán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-2º planta, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-planta baixa, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas comenzará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día natural ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do Rectorado, rúa Oporto, 1-Vigo (Pontevedra) ás 11 horas do segundo día hábil seguinte á data de remate do prazo de presentación de propostas (en caso de cadrar en sábado terá lugar o día hábil seguinte).

Información adicional: non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá por conta da empresa adxudicataria.

Vigo, 30 de novembro de 1995.

P.D. (Resolución 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

95-8054