Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 do novembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito do acordo de integración na Confederación Intersindical Galega -CIG- del sindicato Corriente Sindical Gallega de Energía.

De acordo coa normativa legal vixente na materia, e para o seu coñecemento xeral, procédese a comunicar que:

No correspondente servicio desta dirección xeral foi depositada o día 16 de novembro de 1995 certificación

de entrada da acta do 30-9-1995 do Consello Confederal da CIG, na que se fai constar o acordo alcanzado por unanimidade, consistente na aceptación da integración na Confederación Intersindical Galega do sindicato Corriente Sindical Gallega de Energía, subrogándose a CIG en tódolos dereitos e obrigas do sindicato Corriente Sindical Gallega de Energía, e extinguíndose, en consecuencia, a personalidade xurídica daquel sindicato, agora integrado na CIG.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

7732