Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 12 de decembro de 1995 Páx. 9.321

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de perruquería do Fogar da Terceira Idade de Lugo (trámite de urxencia).

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público para a contratación do servicio de perruquería do Fogar da Terceira Idade de Lugo.

1. Prezo mínimo de explotación: 25.000 ptas./ano.

2. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica poderán examinarse no Servicio de Administración e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais (edificio administrativo de San Caetano), e no Servicio de Axudas e Programas da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, sita en Doutor García Portela, nº 11, durante o prazo de presentación de proposicións desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles ágas sábados.

3. As proposicións económicas axustaranse ó modelo establecido que figura unido ó prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Lugar: a presentación de proposicións farase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, c/ Montevideo, nº 9, en sobres pechados, ou por correo, con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día o órgano da contratación mediante telegrama ou telefax.

5. Prazo de presentación de proposicións: comenzará o día seguinte o da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e ramtará o décimo terceiro día natural ás 14 horas.

6. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, ás 12 horas, en acto público. Se coincidise este día en sábado ou festivo, reunirase o primeiro hábil seguinte, á mesma hora.

7. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 27 de novembro de 1995.

Luís Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

7781