Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación das subministracións que se indican. (Expediente número 55 e 59/1995).

Este rectorado, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar mediante procedemento aberto os seguintes concursos públicos para a adxudicación das subministracións que a continuación se relacionan:

Obxecto.

-Estación de traballo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Exp. nº 55/1995).

-Cámara climática na Escola Univesitaria de Enxeñería Técnica Forestal de Pontevedra (Exp. nº 59/1995).

Orzamentos de licitación e prazos máximos de entrega.

-Exp. nº 55/1995: 3.000.000 de pesetas IVE incluído-4 semanas.-Exp. nº 59/1995: 2.200.000 pesetas IVE incluído-45 días naturais.

Licitadores.

Persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Garantías.

As indicadas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Pregos de cláusulas.

Tódolos interesados poderán consultar ou recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º andar, C.P. 36201, Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1 - planta baixa. C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación.

O prazo para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e romatará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Apertura de ofertas.

Terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto nº 1 - Vigo (Pontevedra), ás once horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar en sábado terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polos licitadores.

-Solvencia económica e financeira: poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes: informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais; declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios; se se trata de sociedades, presentación de balances ou extractos de balances, se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidas.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que hai que subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e os destinatarios públicos ou privados, e incorporando os correspondentes certificados.

Información adicional.

O prazo mínimo de garantía dos bens que hai que subministrar fíxase nun ano contado desde a recepción destes.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Vigo, 15 de novembro de 1995.

(R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía