Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 13 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-234/1994, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega; conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

Nº 311-152-116/7-Caixa Galicia, oficina principal Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-234/1994.

Denunciado: José Rodríguez Rajo.

DNI nº: 76.603.322.

Último enderezo coñecido: rúa Lamas de Prado, 202-1º, Lugo.

Feitos imputados: transporta-lo día 14 de setembro de 1994, no vehículo matrícula LU-4709-B, unha cabeza de gando bovino de tres meses de vida, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria e do certificado de desinfección do vehículo.

Tipificación da infracción: no Regulamento de epizootias.

-Precepto infrinxido: artigos 64 e 52.

-Precepto sancionador: artigo 217.3º.

-Cualificación da infracción: menos grave.

-Sanción imposta: 3.000 ptas.

Lugo, 13 de novembro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo