Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 339/1995 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. en Ermida, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. Pazos-Moscoso ata o C.T. que se proxecta en Ermida, concello de Pazos de Borbén.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T. aérea, a 15/20 kV, de 1.652 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón.

C.T., de 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV-398/230 V.

Orzamento: 7.520.996 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 3 de outubro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra