Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1995 pola que se convoca concurso público, declarado de urxencia, número 36/1995 para o equipamento da rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia (rede troncal).

Esta consellería resolveu convocar concurso público, declarado de urxencia, número 36/1995 para o equipamento da rede de ciencia e tecnoloxía de Galicia (rede troncal).

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación na forma que sinala a cláusula 6.5.7ª do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.

Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio San Caetano -Santiago de Compostela- e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11, rúa Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día contado a partir da dita publicación ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

Documentación a presentar polos licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións económicas: realizarase o terceiro día contado a partir da finalización do prazo de proposicións.

Prazo de execución: 15 días contados desde a notificación da adxudicación.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

Orzamento de licitación: 18.000.000 de ptas.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1995.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria