Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.282

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 6 de novembro de 1995 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto, dun servicio da consultoría e asistencia técnica para a elaboración e impartición do II Curso superior teórico-práctico de xestión medio ambiental.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 226, do 24 de novembro de 1995, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 8.656, columna primeira, liña trece, onde di:

«Prazo e lugar de presentación de proposicións: as proposicións, en modelo oficial, presentaranse en sobres pechados que poderán estar lacrados, e entregaranse no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou no da Escola Galega de Administración Pública, en horas de oficina, durante o prazo de vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG», debe dicir:

«Prazo e lugar de presentación de proposicións: as proposicións, en modelo oficial, presentaranse en sobres pechados que poderán estar lacrados, e entre

garanse no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou no da Escola Galega de Administración Pública, en horas de oficina, durante o prazo de vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. A apertura de proposicións terá lugar na EGAP ás 10.30 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións».

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1995.

Xaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública