Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 11 de decembro de 1995 Páx. 9.270

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 22 de novembro de 1995 pola que se declara a alleabilidade dunha superficie aproximada de 2.189,42 metros cadrados, situada na ala esquerda do edificio onde se sitúa o centro de formación ocupacional Santa María de Europa, de Ourense.

A Universidade de Vigo solicitou da Consellería de Economía e Facenda a cesión do uso do inmoble que estivo dedicado a residencia coa denominación Santa María de Europa, sito na rúa Carballeira, de Ourense, para destinalo a residencia universitaria.

Mediante Decreto 255/1995, do 29 de setembro, (DOG nº 196, do 11 de outubro), desafectouse do dominio público parte do inmoble onde se ubica o centro de formación ocupacional Santa María de Europa, na rúa Carballeira, s/n, de Ourense.

Co obxecto de posibilita-la cesión do dereito de uso do antedito inmoble, requírese, segundo o disposto nos artigos 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 60 do seu regulamento, a previa declaración da súa alleabilidade.

En virtude do anteriormente exposto, a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, logo de informe da Consellería de Familia, Muller e Xuventude,

DISPOÑO:

Artigo único.

Declárase a alleabilidade dunha superficie aproximada de 2.189,42 m, situada na ala esquerda do edificio onde se sitúa o centro de formación ocupacional Santa María de Europa, na rúa Carballeira, s/n, de Ourense, distribuídos, segundo os planos incorporados ó expediente, da seguinte forma: 81,78 m na planta soto, 680,85 m na planta baixa; 726,51 m na primeira planta e 700,28 m na planta baixo cuberta e inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Ourense, co número 23.699, no tomo 975 xeral, libro 275 de Ourense, folio 199.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda