Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 07 de decembro de 1995 Páx. 9.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, trámite de urxencia, para as explotacións por concesión dos servicios de cafetería do Fogar da Terceira Idade e do Centro de Servicios Sociais de Ponte Pelamios de Ourense.

De conformidade co establecido na Orde de 18 de xaneiro de 1994 que dá cumprimento ó disposto nos decretos 87 e 88/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias nos delegados provinciais.

Obxecto: a explotación por concensión dos servicios de cafetería do Fogar da Terceira Idade, sita na r/ Concello, nº 14 e do Centro de Servicios Sociais de Ponte Pelamios, sita na r/ Ponte Pelamios, s/n, de Ourense.

O prazo de execución dos contratos será dun (1) ano prorrogables por períodos anuais.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitadas na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (Edif. Adtvo. San Caetano) e nas delegacións provinciais (Servicio de Xestión Económica).

Fianza definitiva: os licitadores que resulten adxudicatarios deberán presentar unha fianza definitiva de 25.000 ptas.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións deberanse presentarse en man, en sobres pechados, no rexistro xeral da Delegación Provincial de Ourense, sita na Avda. de Zamora, nº 13, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas da Delegación Provincial de Ourense, ás 10 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica, financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 5, letra A, e dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 5, letra B dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: poderase acompañar, como mellora da oferta, lista de prezos alternativa á da Administración e que en ningún caso poderá supera-los límites máximos establecidos nesta; poderá incluirse así mesmo outros productos distintos dos preestablecidos.

Anuncios: serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Ourense, 8 de novembro de 1995.

Alberto Escobar Veiga

O delegado provincial de Ourense

95-7749