Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 05 de decembro de 1995 Páx. 9.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995, do pleno da corporación, pola que se fai pública a contratación mediante poxa con procedemento aberto e tramitación urxente para a execución das obras da rede de sumidoiros da parroquia de Salcedo, primeira zona.

Obxecto: contratación mediante poxa con procedemento aberto e tramitación urxente para a realización das obras incluídas no proxecto da rede de sumidoiros da parroquia de Salcedo, primeira zona.

Orzamento do contrato: 123.909.254 pesetas.

Clasificación do contratista: grupo E, subgrupo 1, categoría e.

Garantía provisional: depositarase na caixa da corporación contratante, na forma admitida en dereito en contía de 2.478.185 pesetas.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral deste concello, durante un prazo de 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida no apartado 13 do prego de condicións.

Apertura de pregos: ás doce horas do día seguinte hábil ó da terminación do prazo de presentación de proposicións; se coincidise cun sábado a apertura tería lugar ó seguinte día hábil.

Modelo de proposición:

«Don/dona... (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con DNI nº ..., no nome propio (ou na representación de)..., con domicilio en..., para os efectos de notificacións, participa na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto da rede de sumidoiros da parroquia de Salcedo, primeira zona, segundo anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia nº.... de data... de... de..., comprometéndose a executa-las devanditas obras, no prezo de... (número e letra)..., con estricta suxeición ó proxecto, pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares que acepta na súa integridade.

(Data e sinatura do propoñente)»

Pontevedra, 3 de novembro de 1995.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral