Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 04 de decembro de 1995 Páx. 9.180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da subministración consistente na adquisición de diverso material de oficina non inventariable, papel de fotocopiadora, material de imprenta e material informático, con destino ós servicios centrais da consellería, distribuído en 4 lotes.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: adquisición de diverso material de oficina non inventariable, papel de fotocopiadora, material de imprenta e material informático, con destino ós servicios centrais da consellería, distribuido en 4 lotes, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: quince millóns de pesetas (15.000.000 de ptas.).

Lote 1: papel de fotocopiadora: 4.500.000 ptas.

Lote 2: material de oficina vario: 3.500.000 ptas.

Lote 3: material de imprenta: 3.500.000 ptas.

Lote 4: material informático: 3.500.000 ptas.

Total: 15.000.000 de ptas.

Fianza provisional: 2 % do orzamento de licitación do lote ou lotes ofertados.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 5 de xaneiro de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 9 de xaneiro de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1995.

P. D. (Orde 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario general de la Consellería de Agricultura, Ganadería y Montes

7900