Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña
Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. tipo superficie.
Situación: Farto Parra, nº 8. A Coruña.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 75 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 3(1x150 mm) a 12/20 kV, que parte da L.M.T. Colón-Estrada da Torre e remata no C.T. Farto Parra, que se vai contruír, de 400 kVA a 15 kV-B.2.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 8 de novembro de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
7786