Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello en sesión celebrada o día 29 de setembro de 1995 aprobó inicialmente o proxecto de urbanización de reparación e adaptación de saneamento, tramo de Avenida da Solaina, s/n entre a r/ Coruña e r/ Lugo en Sta. Icía, redactado polo estudio de arquitectos B.M.V. e promovido por Orosa Castro, S.L.

Exponse ó público durante o prazo de 15 días contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O expediente ficará a disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras e Urbanismo, para presenta-las alegacións que considere oportunas.

Narón, 17 de outubro de 1995.

Xoán Gato Díaz

Alcalde

9507407