Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto para a contratación dos servicios de cociña-comedor, limpeza e lavandería da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación do contrato dos servicios de cociña comedor, limpeza e lavandería da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

Obxecto: contratación dos servicios de cociña comedor, limpeza e lavandería da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

Orzamento e tipo: trece millóns de pesetas (13.000.000 de ptas.), impostos incluídos.

Prazo de execución: do 9-1-96 ó 31-5-96 (ámbolos dous incluídos) e do 14-10-1996 ó 20-12-1996 (ámbolos dous incluídos).

Documentos de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Ensinanzas Marítimo-Pesqueiras (Rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1995.

Ana Gallego Castro

Directora xeral de Fromación Pesqueira e Investigación

9507752