Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.147

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución e modificación das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación, constituídas conforme ó Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e á orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 29 de abril de 1988, inscritas no rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións que se citan.

A constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Micogal S.A.T. nº 917 XUGA, de responsabilidade limitada, domiciliada en Caldas de Partovia, nº 17-O Carballiño (Ourense); obxecto social: producción e comercialización de productos agrícolas e gandeiros; capital social: 999.990 pesetas; nº de socios: 3.

A modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Ilma S.A.T. nº 828 XUGA, Gandarón-Boimorto (A Coruña), na asemblea xeral celebrada o 11 de setembro de 1995, acordaron por unanimidade a admisión dun socio, o que produciu un aumento de capital social de catrocentas mil pesetas, pasando dun capital social de un millón duascentas mil pesetas a un definitivo de un millón seiscentas mil pesetas.

A Sociedade Agraria de Transformación Bonsai-Flora S.A.T. nº 681 XUGA, Abegondo (A Coruña), na asemblea xeral celebrada o 3 de agosto de 1995, acordaron por unanimidade un aumento de capital social de cuarenta e dous millóns oitenta mil pesetas, coa participación dos seus cinco socios e pasando dun capital social de cincuenta e sete millóns novecentas vinte mil pesetas a un definitivo de cen millóns.

A Sociedade Agraria de Transformación Tambre S.A.T. nº 753 XUGA, Campo-Trazo (A Coruña), por mandamento do 23 de outubro de 1995 da Axencia Estatal da Administración Tributaria, cancélase a inscrición de baixa provisional no Índice de Entidades, e recupera a alta no mesmo Índice do Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

95-07884