Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. Vilaboa-San Adrián, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. existente de Vilaboa ata un apoio de formigón en San Adrián, antes do cruzamento coa autoestrada do Atlántico, concello de Vilaboa.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 5.354 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón.
Orzamento: 21.693.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 2 de novembro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-7712