Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de parque eólico da serra da Capelada, concellos de Cariño e Cedeira (A Coruña).

O artigo 2.4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de parque eólico da serra da Capelada, concellos de Cariño e Cedeira (A Coruña).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

* Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia da Coruña.

* Concello de Cariño.

* Concello de Cedeira.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince dias.

Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alega

cións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1995.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

7701