Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 01 de decembro de 1995 Páx. 9.140

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (64/1993).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada en expediente de dominio número 64/1993, promovido por Ismael Rodolfo Blanco González, polo que solicita que se faga constar no rexistro da propiedade a reanudación do trato sucesivo do seguinte predio:

Casa de planta baixa e alta, sinalada co nº 95, hoxe 6, da rúa ou barrio de Vista Alegre, parroquia de San Xoán Apóstolo de afora, concello de Santiago de Compostela, de vintecinco metros cadrados e oitenta decímetros cadrados, cunha horta unida de dúas áreas e oitenta centiáreas. Todo forma un só predio, que linda: norte, Marcelino Velasco e outros; sur, campo da capela de Nosa Señora da Fonte; leste, irmáns Puente Suárez; e oeste, rúa Vista Alegre e, en parte, Marcelino Velasco.

Pola presente cédula, cítase a Manuel Vázquez Ferro para que, dentro do termo de dez días a partir daquel no que reciba a presente cédula, poida comparecer ante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña sobre a pretensfón formulada.

A secretaria

9507088