Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 30 de novembro de 1995 Páx. 9.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do estudio de detalle na zona 1 do SU-6, por instancia de Carmen González Rivera.

Anúnciase que o Concello Pleno, na sesión ordinaria celebrada o día 13 de outubro de 1995 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle na zona 1 do SU-6, por instancia de Carmen González Rivera.

2.-Somete-lo expediente a información pública, polo prazo de quince días, perante anuncios no Diario Oficial de Galicia, nun dos diarios de maior difusión da provincia e notificar-llelo ás partes interesadas.

Poderá estudiarse o referido proxecto no departamento de Xestión e Promoción Urbana, no plazo referido, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Poderán achegarse cantas alegacións crean convenintes aqueles considarados afectados.

Ourense, 10 de novembro de 1995.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273