Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras de reparación e melloras no centro psiquiátrico Doutor Cabaleiro Goás-Toén (Ourense).

-Obra: reparacións e melloras no centro psiquiátrico Doutor Cabaleiro Goás-Toén (Ourense).

-Orzamento da contrata: 33.246.337 ptas.

-Prazo de execución: 3 meses.

-Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría d.

-Fianza definitiva: 1.329.853 ptas.

-Forma de tramitación: urxente.

-Variantes ó proxecto: non se admiten.

Exposición de proxectos: os proyectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na D.X. de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do SERGAS nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións.

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no Art. 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que presentarán os licitadores:

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 8.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 8.3 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 8.4 do prego de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación:

Os definidos na cláusula 11 do P.C.A.P. que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións: realizarase pola mesa de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1995

(Decreto 199, do 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos

7822