Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, no expediente sancionador de epizootias (número 0020F/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta noti

ficación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na Delegación Provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que obran no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 27 de outubro de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Expediente: 0020F/1995.

Denunciado: Pérez Fuentes, Daniel.

DNI: 32.315.366.

Último enderezo coñecido: Sol, 21-4º, 15003 A Coruña.

Feito denunciado: Introducir no mercado gando sen identificar e non posuí-lo carné de tratante.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: 213, 224 do Regulamento de epizootias, e 2º da orde do 24-4-1974, prorrogada pola Orde do 11-1-1995.

Sanción proposta: 75.000 ptas.

95-7834