Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.080

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de novembro de 1995 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de subinspección pesqueira (grupo C).

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de subinspección pesqueira (grupo C), levada a efecto por Orde do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 44, do 4 de marzo) e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de opositores que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a correspondente proposta de opositores que superaron o proceso selectivo, que se publica como anexo da presente orde.

Segundo.-Os opositores que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os documentos a que se refire a base V da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira

Promoción interna

DNIApelidos e nome1º Exerc.2º Exerc.3º Exerc.4º Exerc.MéritosTotal

76.335.536Roel Martínez, José Manuel-14,94012,3006,40019,75053,39

Acceso libre

DNIApelidos e nome1º Exerc.2º Exerc.3º Exerc.4º Exerc.MéritosTotal

33.242.318García Pelayo, Fernando8,38218,47615,0505,90026,10073,908

34.932.721Rodríguez Doval, Mª José9,01716,60811,7005,50026,10068,925

32.407.318Rivas Sánchez, Mª José8,63613,00615,0506,00026,10068,792

35.442.692Devesa Fernández, Dolores9,14413,0879,4007,00026,10064,731

77.592.059Cabarcos Otero, Carlos Manuel9,90614,87417,4508,600-50,830

76.557.506González García, Narciso Gil9,90615,47416,5003,900-50,780

32.639.929Varga Martín, Alfonso9,52518,94213,9508,300-50.717

9507757