Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 29 de novembro de 1995 Páx. 9.079

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de novembro de 1995 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de axentes de extensión pesqueira (grupo B).

De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de axentes de extensión pesqueira (grupo B), levada a efecto por Orde do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 45, do 7 de marzo) e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de opositores que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a correspondente proposta de opositores que superaron o proceso selectivo, que se publica como anexo da presente orde.

Segundo.-Os opositores que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os documentos a que se refire a base V da orde da convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axentes de extensión pesqueira

DNIApelidos e nome1º Exerc.2º Exerc.3º Exerc.4º Exerc.Total

76.351.017Gabín Sánchez, Carlos9,00010,41013,4008,30041,110

33.263.803Bermejo Díaz de Rábago, Mª Pilar7,62511,25511,6008,20038,680

34.957.310Rodríguez Carballo, Susana8,00010,74711,6008,00038,347

76.354.468Riveiro Domínguez, Pedro8,12513,7459,0006,60037,470

9507755