Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador de incendios número 014I/1995.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 1-12-1968), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13-2-1973) por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular cantas alegacións considere pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 27 de outubro de 1995.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Tipificación infracción

Regulamento de incendios

Procedemento

sancionador

número

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos imputadosArtigo

infrinxido

Calificación

infracción

Sanción

proposta

014I/95López Espiño, Manuel

32.314.203

LG/ Chantado, nº 25-27

Ferrol

Deixar de xeito que constitúan risco de incendio, os residuos das explotacións forestais136.ELeve5.000

95-7504