Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda darlle publicidade ó acordo do 29-6-1995, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Cabernouro número 2456, fracción primeira.

Visto o Art. 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188 do 25 de setembro), de avalización do impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra,

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 29-6-1995, da Comisión Galega de Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión derivada do permiso de investigación denominado Carbernouro nº 2456, fracción 1ª, sita en terreos do termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra, promovido por Ramilo, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, á explotación do espacio delimitado polos paralelos 42º10'20'' 42º10'00'' norte, e polos meridianos 8º34'20'' 8º34'00'' oeste, e foi incorporada ó expediente do permiso de investigación Cabernouro nº 2456, fracción 1ª, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 13 de novembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7556