Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 28 de novembro de 1995 Páx. 9.034

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de novembro 1995 pola que se adxudican axudas económicas para o curso 1995-1996 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil de 4 e 5 anos en centros docentes privados.

Por unha Orde do 5 de setembro de 1995 (DOG do 15) resolveuse provisionalmente a convocatoria de axudas económicas para o curso 1995-1996 a unidades que escolaricen alumnos de educación infantil de 4 e 5 anos en centros docentes privados.

Verificouse o cumprimento do establecido no punto décimo cuarto da Orde do 27 de marzo de 1995 (DOG do 29 de maio), e formulou a oportuna proposta a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, tal como se establece no punto 2º da Orde do 5 de setembro.

Procede, en consecuencia, resolver definitivamente a devandita convocatoria de axudas económicas, unha vez cumpridos tódolos trámites previstos na Orde do 27 de marzo de 1995. Esta consellería,

DISPÓN:

Concederlles axuda económica para o curso 1995-1996 ós centros docentes privados que se indi

can no anexo da presente orde, para subvenciona-las unidades de educación infantil de 4 e 5 anos que nel se detallan.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO QUE SE CITA

95-7676